lunes, 9 de mayo de 2016

COÑECENDO A MANUEL MARÍA


Este ano o Día das Letras Galegas está dedicado ao autor Manuel María Fernández Teixeiro. Son numerosos os poemas que ten publicados adaptados as idades dos nosos alumnos e nos vindeiros días irémolos traballando. Hoxe, na nosa visita semanal á biblioteca escolar, descubrimos un recuncho que nos tiña preparado Zapatocas cos libros que temos deste escritor. Limos o seu conto “O bigote de Mimi”, escoitamos algúns dos seus poemas musicados no libro “Canta o cuco” e recitamos moitos do precioso exemplar “Os soños na gaiola”.
Se na casa queredes coñecer algúns dos poemas do autor e aprender xogado coas actividades LIM do Seminario Galán, podedes facer clic enriba das imaxes.

No hay comentarios:

Publicar un comentario