Despois de tanto falar
do Salón do Libro de Pontevedra, non podíamos deixar pasar a oportunidade de visitalo.
Ao chegar, tras unha gran aperta da súa mascota ORBIL, xa estabamos preparados
para a sesión de contacontos.. Logo unha monitora falounos das aventuras de
Estravaganza e, seguindo as pistas do mapa, visitamos os diferentes lugares del
Salón. Merendamos para repoñer forzas e puxemos rumbo ao Museo para rematar a
xornada mergullarnos no mundo da arte.
No hay comentarios:
Publicar un comentario