Dado que andamos a coñecer a palmeira canaria, o venres fomos ver o
exemplar que hai no xardín
da igrexa de San Xoán de Leiro. Esta planta, considerada como
o símbolo natural do Arquipélago Canario,
produce uns froitos comestibles chamados támaras, parecidos aos dátiles pero de
sabor amargo e áspero que serven ocasionalmente para alimentar ao gando. Cando chegamos
vimos que o chan estaba cheo deles e non dubidamos en apañalos para observalos
detidamente na aula e probar a plantalos.
Comprobamos que o seu tronco é moi groso e
rugoso e que alcanza tal altura que a súa copa pode
observarse por encima dos tellados.
No hay comentarios:
Publicar un comentario