Este trimestre comezamos a nosa sesión
semanal de xogos empregando cadros de Goya como inspiración. Este pintor do que
coñeceremos máis datos nos vindeiros meses, ten obras como “La gallina ciega” que nos van a servir para aprender enredos e familiarizarnos
co autor. Pero o primeiro é saber a dinámica do
xogo. Con esta finalidade antes de empezar a practicar vimos o seguinte vídeo onde
os protagonistas explican moi ben o proceso.
O seguinte paso foi aprender a canción que o
acompaña. E para iso tamén temos animación.
Por último veu o máis divertido: xogar. E para
non esquecer o proceso, unha ficha co título e a cantinela para a nosa
recompilación.
No hay comentarios:
Publicar un comentario