viernes, 1 de mayo de 2015

MAIOS 2015

Como anunciaban as predicións, tivemos unha mañá dominada pola choiva pero, a pesar do mal tempo, pasámolo xenial. No transcurso da mañá xogamos, vimos contos, fixemos colares de flores, merendamos uns doces riquísimos que prepararon as familias,  vestimos e decoramos o Maio e o mellor, cantamos e bailamos arredor del. Graciñas á mamá de Uriel e aos músicos que a acompañaban, acabamos todos danzando e gozando da festa. Unha vez máis o noso máis sincero agradecemento a toda a comunidade educativa pola súa axuda e colaboración.

1 comentario:

  1. Q ben o pasaron e q maio mais fermoso fixeron as profes. Grazas a todos.

    ResponderEliminar