Para darlle a benvida á primavera nalgunhas
zonas de Galicia celébrase a festa dos Maios. Trátase de realizar construcións
cunha base de paus e recubrila de fiúncho, flores, ovos, laranxas ou outros
elementos naturais dependendo do lugar.
O vindeiro xoves, na nosa escola, imos
participar deste costume elaborando un Maio ao redor do cal cantaremos a ritmo
de claves como manda a tradición.
Hoxe na aula comezamos cos preparativos. O primeiro
identificar e localizar o fiúncho, elemento básico para vestir o Maio.
Despois lembramos
as normas de uso dos paus que empregaremos como claves e ensaiamos as cancións
e movementos ao redor da estrutura que usaremos como base. As previsións
anuncian que teremos unha mañá con choivas persistentes, esperemos que co paso
das horas o tempo mellore e poidamos celebralo fóra e gozar todos da festa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario