Comezamos o segundo trimestre e chega o
momento de traballar máis formalmente ao redor da resta e o seu significado cos
maiores da aula. Xa coñeceramos o signo menos co conto “A guerra dos números” cando dedicaramos a nosa bolsiña de lecturas a ler matemáticas. Pero hoxe o empregamos para simbolizar os puntos que perdíamos segundo o
resultado obtido ao lanzar o dado. Nas seguintes semanas, os mércores, continuaremos “tendo problemas coa resta” e volveremos a botar partidas en
familia se vos animades, xa vos contaremos.
Mentres, os pequenos da clase, continúan
xogado co dado e intentando asociar as grafías dos números aos resultados
acadados. Paralelamente van repasando os nomes dos compañeiros, aínda lles
costa pero imos avanzando.
No hay comentarios:
Publicar un comentario