lunes, 9 de marzo de 2015

VELÁZQUEZ NA BIBLIOTECA


Fai unhas semanas no suplemento dominical XL Semanal número 1423, vimos un anuncio no que aparecía o cadro “As Meninas”. Comentamos que fora creado por un pintor chamado Velázquez que tamén aparece autorretratado no lenzo. Hoxe aproveitamos a nosa xornada na biblioteca escolar para ver os libros que temos deste autor.

Comprobamos que o cadro representado na revista está en case todos os libros que temos del. Limos que unha das meniñas debuxada é a infanta Margarita e que o seu pai era o rei Felipe IV.
Tamén constatamos que todos tiñan a pegatina rosa e número 75 porque falan de arte. 
Fomos á zona documental buscamos a cor rosa e vimos onde temos que colocalos cando rematemos de traballar con eles. Na nosa biblioteca de aula tamén temos un pequeno espazo dedicado aos libros de arte e aproveitamos para recoñecelo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario