Onte, na nosa visita semanal á biblioteca
escolar, estivemos lendo o libro “Los bosques”. Nun principio buscabamos información
sobre os coalas pero descubrimos que tamén aparecían outros marsupiais ao redor
dos que traballaramos con anterioridade. Na páxina 17 limos que noutras épocas
foron capturados para obter as súas peles e que aínda están en perigo.
Como sempre aproveitamos para traballar a formación
de usuarios da biblioteca, lembramos os códigos de números e cores que teñen os
libros, fomos á zona documental e buscamos onde están situados os de animais
para cando os volvamos a necesitar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario