O vindeiro venres, no noso obradoiro de cociña, imos intentar
elaborar un marsupial australiano que hoxe espertou a tenrura entre os cativos.
Trátase do uómbat ou wombat. Xa os observamos en varias ilustracións nos libros da biblioteca, pero esta
mañá, nun par de vídeos, puidémolos ver en movemento.
Nun deles, e que vos
deixamos a continuación, coñecemos a historia de Belle, unha pequena cría que
foi rescatada da bolsa da súa mamá cando morreu atropelada por un coche. Foi levada
ao Santuario Healesville onde
vive na actualidade.
Outro marsupial
australiano de nome moi parecido pero de aspecto ben diferente é o numbat. Neste enlace
podedes volver a ver as imaxes e os vídeos que tanto nos impresionaron á mañá,
sobre todo nos que emprega a súa longa lingua para comer termitas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario