As obras representativas da pintura dos
primeiros poboadores de Australia constrúen as súas formas mediante puntos. Cando
buscamos nos libros da biblioteca información sobre Australia, vimos que os
búmerang empréganse tamén como soporte para esta arte. Un bo exemplo disto é o
que Rita compartiu connosco e que observamos con atención.
Neste enlace vimos como un
aborixe emprega esta técnica e decidimos adaptala as nosas posibilidades. Utilizando
bastonciños dos oídos como pinceis creamos os nosos propios búmerang
decorativos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario