O pasado 14 de xaneiro celebramos o día dos números nas prendas de vestir. Foi divertido buscar as grafías nas
diferentes pezas de roupa, comprobar se tiñan unha cifra ou máis. Intentamos lelas e sacamos
fotos. Estamos facendo un libriño con todas e un mural e continuamos
traballando ao seu redor. Pero sobre todo está axudando aos cativos a memorizar
o nome das grafías e a aumentar o vocabulario relacionado coa vestimenta. Unha
vez máis graciñas a todas as familias por colaborar coa escola.
No hay comentarios:
Publicar un comentario