Hoxe Carla compartiu connosco un agasallo moi
especial que lle trouxo a súa madriña. Trátase dunha mochila na que podíamos
ler o nome de Australia e, o que máis nos gustou, un adorable e suave Koala
incorporado que todos queríamos acariciar.
Estamos montando un novo recuncho en clase con
Australia como tema central. Andamos a investigar e coñecer cousas do país onde anda Félix, o noso peluche viaxeiro. Se na casa tedes contos, libros, DVDs, fotos, xoguetes,
quebracabezas, postais, mapas, obxectos,
folletos ou publicidade de axencias de viaxes, receitas… que
queirades compartir, podédelo traer para velo na aula
e aprender todos xuntos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario