O venres remata o prazo do Concurso de Postais do Concello de Ribadumia, polo que as nosas teñen que quedar listas o
xoves o máis tardar. Hoxe estivemos vendo unha chea delas que tiña a mestra doutros
anos para coller ideas e poder engadir detalles ás nosas. Moitos nenos xa
remataron as súas e ata os máis pequerrechiños están facendo cousiñas moi
riquiñas coa axuda da profesora Ana, a ver se teñen sorte e gañan.
Para os papás e mamás xa son os gañadores, preciosas as postais!!!!
ResponderEliminar