CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL
O Concello de Ribadumia convocou a XII edición do Concurso Escolar de Postais de Nadal, destinada ao alumnado dos centros de infantil,
primaria e secundaria da localidade. Na nosa escola, como todos os anos,
decidimos participar e aproveitar todo o traballo que as precede para aprender algunhas
cousiñas.
O primeiro, a historia do nacemento do meniño Xesús e todos os
acontecementos que o rodearon, incluído o papel que desempeñaron Os Reis Magos
que tanto nos gustan. Buscamos e comezamos a montar o Belén que temos na aula e
co que nos encanta xogar. Estivemos lendo os contos que temos na biblioteca
baseados no tema e collemos tamén libros que nos ensinan como debuxar as imaxes
que adoitan ilustrar as postais.
Para participar, no reverso temos que incluír os
datos persoais, entre eles o número de teléfono que é no que imos centrar os
nosos esforzos e ao redor do cal faremos máis actividades a vindeira semana. Aínda temos traballo para varios días, tal vez
non gañemos, pero seguro que aprenderemos moitas cousiñas.
Ánimo a todos os nosos artistas!!!!!
ResponderEliminar