jueves, 9 de octubre de 2014

XOGANDO CO MEDO

Co gallo da festa do Samaín que celebraremos o día 30, hoxe comezamos a traballar na escola ao redor do medo para que, xogando con el, aprendamos a superalo. Por suposto saíron a relucir as pantasmas, pero non dubidamos en empregar as teas dos disfraces para demostrar que non existen e botar unhas risas.
Este curso ímonos centrar en aqueles animais que nos asustan, sexa con ou sen motivo. Con este obxectivo creamos un caderno viaxeiro que nos vindeiros días visitará os fogares dos cativos. Trátase de elixir un animal que nos dea medo, escribir o seu nome e engadir unha foto ou debuxo. Posteriormente, en clase traballaremos ao redor do animal escollido e falaremos dos nosos temores. Por agora sabemos que a profesora Ana tenlle pánico aos ratos, a mestra Ángeles non soporta as cascudas... E a vosoutros ¿que animal vos asusta?

1 comentario: