miércoles, 29 de octubre de 2014

PREPARANDO O SAMAÍN E O MAGOSTO 2014


Baleirar os calacús, separar as sementes da polpa, poñer as pebidas a secar, xuntar os restos da cabaza para darllos á avoíña de María e a Cuco, o porquiño de Mencía, furar os cabazos, colocar as candeas, facer e decorar os cucuruchos para as castañas … ¡canto traballiño levamos hoxe! Pero … ¡como nos divertimos apagando as luces e vendo os calacús iluminados!. Un biquiño moi especial para as avoíñas de María e Mencía por deixarnos as súas cabazas xigantes e poder ter tan enriquecedora experiencia.


E non vos esquezades, mañá hai festa rachada coa exposición “Familias lectoras”, exhibición de calacús decorados, xogos, cancións, contos e películas de medo… E para rematar, un magosto familiar a partir das 12 e a actuación de Anxo Moure. Non faltedes.

1 comentario:

  1. As avoas e avós encantados de poder participar nesta actividade cedendo froitos do seu traballo diario e que os seus net@s se familiaricen con eles

    ResponderEliminar