O noso caderno viaxeiro de “Animais que dan medo” xa leva visitado varios fogares e, a través dos nosos temores,
imos aprendendo cousiñas novas. Aaron tenlle medo ás avespas, graciñas a iso estivemos
investigando e comprobamos que non son o mesmo que as abellas. Estas últimas
fabrican mel e se nos pican morren, ao contrario cas avésporas. Se non as
molestamos non fan nada, pero nunca debemos andar nos avespeiros.
Mencía optou
pola rá punta de frecha velenosa, tróuxonos moita información ao respecto e un
documental que nos deixou a todos abraiados, vai adxunto ao caderno viaxeiro para
quen o desexe ver na casa. Gabriel elixiu o tigre, vimos que é parecido ao
xaguar pero con raias e non vive na Selva Amazónica; na enciclopedia da biblioteca
de aula descubrimos que hainos brancos. Carlos tenlle
medo ás arañas, a verdade é que a case todos nos asustan, así que decidimos… ¡comelas!...
Xa vos contaremos o venres se nos saen ricas e seguiremos falando deses animais
que nos dan medo.
Bonita actividade os cadernos viaxeiros, canto interese poñen en facer á súa parte e canto aprenden dos demais compañeiros!!!
ResponderEliminarGraciñas polo teu comentario. A verdade é que esperan con moita ilusión o momento de poder levar o caderno viaxeiro para casa e mostran con orgullo os seus traballos aos compañeiros.
ResponderEliminar