Despois das vacacións de verán, aquí estamos de novo para
darvos a benvida ao curso escolar. Lembrámosvos que o martes día 9 ás 10:30
teremos a reunión de principio de curso onde falaremos entre outros dos
seguintes temas:
ü
Información
xeral sobre o curso 2014/2015 e normas de funcionamento.
ü Horarios dos nenos,
mestres especialistas e de atención ás familias.
ü Calendario escolar. Excursións, festas e
saídas.
üBiblioteca escolar: normas de funcionamento e
empréstito. As mochilas viaxeiras
ü
O xardín e a nosa horta escolar.
ü Blogue da escola.
ü
Período de adaptación dos novos alumnos.
E por suposto aclararemos todas as dúbidas e escoitaremos as vosas suxestións. Vinde acompañados dos nenos, haberá unha mestra para estar
con eles mentres nós falamos. Aos novos alumnos serviralle para ter un primeiro
contacto coa escola e aos maiores para comezar con máis ganas.
Se necesitades contactar con nós xa sabedes que
podedes chamar ao centro, enviarnos un correo electrónico a escoladeleiro@gmail.com ou visitarnos na escola de 9:00 a 14:00. Nos
vindeiros días iremos colgando todas as novidades que vaian xurdindo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario