Este
é o nome da gatiña xaponesa protagonista dun conto que temos na biblioteca. Nel observamos como leva á escola o seu almorzo
nunha caixiña con compartimentos chamada bento. Xa o viramos en varios libros
que temos de Xapón pero, o día que limos “Yoko", comprobamos no
encerado dixital como hai xaponeses que crean auténticas obras de arte, podedes
comprobalo premendo aquí,
seguro que vos entran ganas de preparar un.
Este
conto tamén nos axudou a lembrar que as páxinas dos libros se enumeran e
a recoñecer os anagramas de diferentes editoriais para localizalar os libros
dentro da biblioteca. Agora xa sabemos onde buscar se queremos levar este contiño para casa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario