viernes, 7 de febrero de 2014

FEBREIRO, MES DE ROSALÍA

Dende que cambiamos a folla do calendario e marcamos no día 24 o aniversario do nacemento da poeta Rosalía de Castro, decidimos dedicar este mes a coñecer a súa vida e algúns dos seus poemas. Pero esta semana a escritora foi protagonista na nosa aula porque atopamos unha noticia sobre ela no xornal Faro de Vigo. Nela aparecían varios retratos, en concreto contamos 13. 
Na prensa electrónica tamén viña recollida a información e puidemos velos moito mellor e en color empregando o encerado dixital. Estivemos observándoos e cada un escolleu o que máis lle gustou. Utilizándoos como modelos, vamos a reproducilos dándolle o noso toque persoal, xa vos ensinaremos o resultado cando os rematemos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario