Cada día falta menos
para a nosa festa de Carnaval 2014. Xa estamos quentando motores coa ordes do
Meco, personaxe imaxinario que o luns nos ordenou vir ao cole con algo na
cabeza, hoxe cunha unha flor, mañá cun bigote e o xoves coas uñas pintadas. Os nosos
traxes xa están case listos. Agora soamente falta que as previsións que dan
choiva para o venres cambien. Gustaríanos poder facer o noso tradicional
desfile pola aldea pero, se o mal tempo continua, teremos que substituílo por baile
e obradoiros.
No hay comentarios:
Publicar un comentario