Dende
que Mencía nos trouxera unha flor de camelia para o noso recuncho de Xapón,
estabamos a esperar que floreceran as do noso xardín para traballar ao redor
delas. Cando o fixeron, os interminables días de choiva non nos deixaron saír a
contemplalas. Durante estas semanas vimos no xornal varias noticias que tiñan a camelia como protagonista e son múltiples as exposicións que se organizan en
diversas localidades. Hoxe, aproveitando a tregua que por fin nos deu o mal
tempo, puidemos saír a velas, aínda que estaban moi estragadas pola choiva. En clase
tamén queremos facer a nosa particular exposición da camelia para observar as
súas cores e formas. Se o tempo o permite, mañá podedes traer á escola as variedades de camelias que logredes
conseguir, a ver que tal nos queda.
No hay comentarios:
Publicar un comentario