En colaboración coa Fundación
Amigos de Galicia, na escola comezamos unha nova campaña de recollida de
tapóns de plástico. Nesta ocasión trátase dun neno que precisa dos cartos para
pagar sesións de logopedia, fisioterapia e terapia ocupacional que lle permitan
ter unha vida o máis normalizada posible. Se queredes máis información podedes
contactar no teléfono 986 510 181 ou na conta de correo informacion@fundacionamigosdegalicia.org.
Lembrade que non serven as tapas de tarros de cristal, nin chapas, nin de
latas. Para os que teñan dúbidas sobre cales traer, neste
enlace, tedes un listado dos tapóns de plástico que son válidos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario