Este
é o título do conto
no que nos imos basear para preparar o teatro da festa de fin de curso que
celebraremos o 21 de xuño. Andamos a traballar ao redor da versión cantada por Almudena
Janeiro do libro disco “Contos
en cantos”. Por agora soamente estivemos vendo os personaxes que aparecen e
decidindo o que vai facer cada un. Aínda non nos aclaramos, confundímonos e sáenos
todo ao revés, pero rimos moito e pasámolo moi ben ensaiando. Se na casa tamén
queredes coñecer a historia e aprender esta simpática canción, no seguinte vídeo tédela para que fagades un karaoke familiar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario