martes, 16 de abril de 2013

UNHA TARDE NA BIBLIOTECA MUNICIPAL

Para ver libros, ler contos, andar nos ordenadores, levar en empréstito películas, facer os deberes, xogar, asistir a sesións de contacontos… Son múltiples as opcións que ofrecen as bibliotecas municipais.
A do noso concello está situada na Casa da Cultura de Ribadumia. Rubén contounos que vai coa súa mamá e o seu irmán, con frecuencia atopa libros con información sobre os temas que traballamos na aula e tráenolos para que nós os vexamos. Mencía tamén comparte con nós algúns dos contos que colle na biblioteca municipal de Meis, hoxe contounos que na “dela” tamén hai xornais para ver. En concellos limítrofes temos a de Cambados, Vilagarcía… E vos, ¿a que biblioteca municipal gústavos ir?... Animádevos a mandarnos fotos a escoladeleiro@gmail.com  coas actividades que facedes na vosa biblioteca municipal e crearemos o noso particular catálogo de bibliotecas públicas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario