Este
é o título do
conto que vimos onte na nosa xornada na biblioteca escolar. Ademais de lelo, aproveitamos para ver cal é a súa localización
habitual para cando o queiramos levar prestado. Como sabedes, na zona de
literatura infantil os libros están organizados por editoriais, así que, o
primeiro era ver a cal pertencía, como se chamaba e cal é o seu anagrama para
que os que aínda non saben ler poidan localizalo con facilidade.
Buscamos pola biblioteca e atopámolo rapidamente, despois no encerado vimos o que significaban o "E" e o "J" que aparecen no debuxo. Miramos os libros que temos desta editorial e comprobamos como no seu lomo todos teñen en pequerrechiño o anagrama da editorial. Á hora do emprestito queríamos levalo para casa e gozar de novo coas aventuras de Lola en Nova York, pero mentres esteamos traballando ao redor desta cidade, temos que esperar que o lean tamén os nenos das outras aulas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario