Dende
que vimos o sofá labios de Dalí na revista que acompaña ao xornal dominical, decidimos coñecer a este artista. Aínda que
case todos nos lembrabamos do seu apelido e o seu característico bigote,
non tíñamos tan claro o seu nome. Hoxe
vimos como se escribía e realizamos retratos del. Fai unhas semanas Laura
tróuxonos un coxín labio que lle prestara a súa tía, con el e con todo o que
vaiamos atopando relacionado con Salvador Dalí, imos crear un novo recuncho en
clase. Coma sempre, os rapaces poden traer todo tipo de materiais: cadros, libros,
imaxes, postais, xoguetes, DVDs, obxectos, láminas, murais, direccións de
internet, CDs, debuxos... para enriquecer a nosa pequena exposición e aprender
todos xuntos. Por agora o que máis nos gusta deste particular xenio é o seu
mostacho.
No hay comentarios:
Publicar un comentario