Vímolo
onte nalgúns céntimos que tiña a mestra, tamén atopamos un no que aparecía a Porta
de Brandeburgo. Martiño dicía, e con razón, que non miraba as moedas por
ese lado senón polo outro onde poñía o que valían.
Para hoxe, se nos daban
permiso os nosos papás, quedamos encargados de mirar nos petos para ver se
atopabamos máis moedas nas que aparecera o creador de Don Quixote.
Laura tróuxonos
unha de 10 céntimos na que aparecía, e Paula outra de 20, esta última tamén ensinounos
unha moeda na que estaba o rei de España, ao que coñecemos de ver con
frecuencia no xornal. Nos seguintes días seguiremos investigando e sobre todo
mirando as moedas polas dúas caras a ver se topamos algunha na que apareza Don
Quixote.
No hay comentarios:
Publicar un comentario