viernes, 12 de abril de 2013

¿CAL É O ANIMALIÑO?...

¿Preparados para a seguinte adiviña?... Nesta ocasión a súa autora é Gloría Sánchez, dela xa coñecíamos as súas poesías pero non leramos as súas adiviñanzas. O mércores, no seu libro “Adiviñas de animais” vimos unha chea delas e estivemos lembrando algún dos libros que máis nos gustaran: “Dez piratas”, “Rimas con letra”… Se queredes familiarizarvos coas súas obras, fai un par de anos foi a escritora homenaxeada no Salón do Libro de Pontevedra e realizamos unha guía de lecturas á que podedes acceder clicando aquí. Para o calendario escollemos unha das máis doadas, seguro que xa todos sabedes cal é a solución… ¿Quen se anima desta vez a enviarnos un comentario coa resposta?...

3 comentarios: