Non
vos esquezades, mañá o Meco manda engadir a algo na cabeza, unha flor na roupa.
Pode ser natural, de papel, de tea… non importa o tamaño nin a forma nin a cor,
a finalidade é pasalo ben. Mentres,
no aula, seguimos co noso traballo ao redor do guepardo para confeccionar o noso
disfrace. Hoxe comezamos a facer as orellas. Lembrade que necesitamos unha
diadema para realizalas, sérvenos calquera que teñades na casa con tal de que
sexa ríxida, pero tedes que traela antes do xoves para que nos dea tempo de
rematalas antes da festa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario