Este
típico doce de carnaval precisa para a súa elaboración as dúas cousas que máis lles
gusta utilizar aos nenos cando cociñamos: a fariña e o rodillo. Levounos tempo
facelas, manchamos moito e tivemos que empezar moi cedo, pero o pasaron tan ben
que compensou o esforzo. Comezamos vendo os ingredientes e preparando a masa… ¡Que
ben cheira o limón e o anís!... Cascar os ovos é emocionante e todos queren
facelo, pero cando senten a clara nos dedos exclaman ¡que noxo!... Coa masa preparada
ven o máis divertido: encher as mans de fariña e estendela co rodillo. Ao principio
pegáselles, pero cando comprenden que a solución está en encher todo de fariña,
amasan sen parar. Ás veces tanto que queda dura coma un croio. Ao acabar a masa, tocou recoller os utensilios e, mentres a
mestra Ángeles as fritía no local social, coa profe Ana estivemos anotando os
ingredientes da receita para animar ás familias a cociñar cos cativos na casa. Cando rematamos ¡a merendar orellas que chega o carnaval!.
No hay comentarios:
Publicar un comentario