miércoles, 6 de febrero de 2013

EN FEBREIRO, ROSALÍA

Sen lugar a dúbidas este mes destaca no almanaque polo Entroido, pero tamén é unha data importante no calendario das letras por conmemorarse o día de Rosalía. Aínda que os disfraces están ocupando gran parte do noso tempo, sempre atopamos un intre para continuar co noso calendario da poesía, no que Rosalía de Castro é a protagonista de febreiro. Hoxe lembramos algúns dos poemas que viramos o curso pasado e traballamos “Teño tres pitas brancas”. Á volta das vacacións de Carnaval, seguiremos coñecendo mellor a súa vida e obra.

No hay comentarios:

Publicar un comentario