Segundo o calendario
das letras, a segunda quincena de novembro está dedicada á Tradición Oral; a
eses contos, cancións, xogos, lendas, refráns… que se transmiten de pais a
fillos de forma oral. Actualmente, entre a televisión, os ordenadores, as
consolas... moitos destes momentos máxicos que acompañaron a nosa infancia e
potenciaron as relacións cos membros maiores da familia estanse a perder. Dende
a escola, ano tras ano, pretendemos recuperalos. O curso pasado a través do caderno
viaxeiro “Tradición
Oral” as familias axudáronnos a lembrar e aprender moitos deses xogos nos
que é tan rica a lingua galega. Algúns deles quedaron recollidos no caderno da “Fundación Meniños” que o xoves
levamos para casa. Trátase dunha mostra dos
traballos feitos polos nenos co gallo da proposta educativa “Facendo
Familias” na que participou a nosa escola. Durante esta quincena, ademais
de lembrar os xogos que aprendemos o curso pasado, imos mergullarnos no mundo
das adiviñas, ¿preparados para participar?...
No hay comentarios:
Publicar un comentario