Superado
o primeiro ataque dos virus, pero con moitos mocos invadindo aínda os nosos
narices, por fin viñemos todos a clase e puidemos celebrar os aniversarios de
setembro. Como non nos apetecía repetir torta de chocolate, decidimos elaborar
unha de nata con noces. O martes realizamos a nota para lembrarnos de traer
cada un tres noces e a mestra encargouse do resto dos ingredientes. Agora somos
moitos na aula e conseguir acomodo para todos nunha gran mesa é unha tarefa
complicada. Aínda que moito máis problemático foi para algúns dos máis novos
conseguir sacarlle a casca ás noces. Como os veteranos xa son autónomos nestas actividades,
as mestras puideron concentrar os seus esforzos en axudar aos pequenos.
Abrir un sobao e separalo do papel sen que se rompa tamén ten o seu mérito.Colocalo no recipiente e engadir a nata e as noces foi ben sinxelo. Xa soamente nos quedaba colocar as candeas, cantar, soprar e …¡que rica está a torta de nata con noces!

No hay comentarios:
Publicar un comentario