martes, 4 de septiembre de 2012

PREPARANDO “ESES PRIMEIROS DÍAS”…

Mentres na escola imos organizando todo para que os nenos se sintan cómodos dende o primeiro día de escola, dende a casa tamén hai algunhas cousiñas que temos que ter en conta para facilitarlles “eses primeiros días” e facer máis agradable o comezo do curso.
Durante as vacación os pequenos adoitan erguerse tarde. Agora toca cambiar horarios para adaptarse ao ritmo do colexio. Para evitar enfados e berros o primeiro día de escola, nesta semana debemos comezar a adiantar de forma progresiva a hora de erguerse e deitarse. A falta de sono e de descanso inflúe moi negativamente no comportamento dos cativos e no seu rendemento escolar. Os nenos deben ir cedo para cama e xa sabedes que nada mellor para axudar a conciliar o sono que un bo conto.
No seguinte enlace http://www.serpadres.es/3-6-anos/educacion-y-desarrollo/el-abc-de-la-vuelta-al-cole.html tedes un artigo con algúns consellos de interese  para facer máis doada “a volta ao cole”.

No hay comentarios:

Publicar un comentario