Coa
man, os pés, o dedo, o pelo … calquera parte do corpo sirve para dicir neste xogo de roda, a única condición é non repetir a que xa dixo outro neno …
É máis
divertido cando o imos complicando e intentámolo coa orella, as costas, as cachas
ou a barriga. O venres, como chovía, non puidemos xogar debaixo do carballo que
é onde máis nos gusta, pero o fixemos no local social.
As previsións para mañá volven
a ser de choiva, a nosa saída a “Monte do Castro” terá que ser aprazada e o
maio farémolo dentro. Non quedará tan lucido pero intentaremos pasalo ben realizando
actividades diversas e xogos como este. Lembrádevos hoxe de aproveitar as raiolas
para apañar fiúncho e flores, necesitámolas para mañá facer os colares e vestir
o maio.
Para os que non saiban como é o ritmo deste xogo, aquí lle deixamos a música, nós cantamos outra versión pero é moi similar.


Para os que non saiban como é o ritmo deste xogo, aquí lle deixamos a música, nós cantamos outra versión pero é moi similar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario