Se o
tempo o permite, a vindeira semana visitaremos “Monte do Castro”. Como podedes
ver na imaxe inferior, está moi pretiño da nosa escola. Na foto está marcado en vermello o
percorrido que temos pensado facer. Para coñecer que é un castro e como vivían
os seus habitantes, hoxe na escola estivemos lendo e despois vendo no encerado
dixital o libriño de Pepe Carreiro “Os Bolechas queren saber como é un castro”.
Por se na casa tamén queredes aprender e gozar coa súa lectura, aquí vos
deixamos esta presentación que atopamos no blogue http://ceipogruporamo.blogspot.com.es/2011/01/bolechas-como-e-un-castro.html
No hay comentarios:
Publicar un comentario