Dannos
medo cando estoupan, tamén desconcerto cando non sabemos a causa, pero sobre todo provocan risas e motivan. Poucos
son capaces de resistirse a golpear un globo antes de que toque o chan. Pero para conseguilo hai que controlar o propio
corpo, a coordinación de movementos, calcular a traxectoria de caída, non
tropezar cos demais mentres intentamos collelo… En resumo, contribuímos ao desenvolvemento de
destrezas e habilidades cun obxecto sinxelo e ao alcance de todos. Se queredes
pasar unha divertida tarde en familia aquí
vos deixamos a nosa proposta, xogos con globos. Pero non esquezades que desinflados
poden ser moi perigosos e provocar
accidentes. Se os cativos os introducen na boca poden esganar, por este
motivo tamén hai que recoller inmediatamente os restos dun globo roto.
No hay comentarios:
Publicar un comentario