Cando antes do Entroido cociñaramos orellas, varios cativos estaban enfermiños e quedaron coas ganas de andar coas mans na masa. Daquela prometeramos remedialo e, esta semana no obradoiro de cociña, volvemos a enfariñarnos. Cascar os ovos continua sendo o máis difícil de todo, case sempre golpeámolo primeiro demasiado a modiño e non rompe, e acto seguido, co tanta forza que as cascas quedan espalladas dentro da fonte. A pesar de que durante a semana ensaiamos con plastilina, darlle forma de rosquilla á masa sen que se pegara nos dedos tampouco foi doado pero, coma sempre, con paciencia e tolerancia todo se consigue.
No hay comentarios:
Publicar un comentario