Estes días que andamos a voltas coa prensa descubrimos que Picasso tamén empregaba o periódico nas súas obras. Desenvolveu unha nova técnica: o “collage”. Pegaba nos cadros todo tipo de materiais: anacos de xornais, etiquetas de botellas, teas… Vimos varias das súas creacións nas que estaba o nome dun xornal francés que coñecemos “Le Journal”, aínda que non aparecían todas as letras e custounos seleccionar en cada cadro cales eran. Agora queremos realizar nós tamén collages empregando a prensa atrasada que temos na aula… xa vos contaremos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario