Ao igual que Rosalía de Castro no seu poema “Adiós ríos, adiós fontes”, nós tamén quixemos plantar na nosa horta unha figueiriña. Fixémolo está mañá coa mestra Ana e a axuda do mestre Rafa porque a nosa hortiña, aínda que tamén a queremos moito, ten a terra tan dura que non hai quen a fure. Logo, na biblioteca, traballamos o poema e a portada do libriño que o contén. Como na zona de literatura infantil os exemplares están ordenados por editoriais, vimos como era o anagrama deste libro, para aprender onde va colocado e poder levalo prestado para casa se nos apetece.
No hay comentarios:
Publicar un comentario