Xa sabedes que dende que limos unha noticia de Picasso na prensa, temos especial interese na sección de cultura para comprender o seu significado. Como vedes na imaxe, o venres descubrimos outro artigo nela que espertou o noso interese. No xornal viña a conmemoración do 175 aniversario do nacemento de Rosalía. Ao principio non entendíamos por que a cara de Rosalía aparecía vermella, despois de reflexionar sobre o seu nome, descubrimos que ten a palabra ROSA nel agochado, por iso cremos que o ilustrador quixo representala coma esa flor.
No hay comentarios:
Publicar un comentario