A confección do noso traxe de Napoleón, ademais de servirnos para divertirnos e aprender cousiñas deste gobernante francés, hoxe axudou aos maiores a iniciarse na simbolización da suma e, aos pequenos, a interiorizar a grafía do oito e a cor dourada. Paralelamente seguimos xogando cos mandatos do Meco, hoxe foron as uñas pintadas as que fixeron furor entre os cativos. Hainas brancas, rosas, azuis, laranxas, de coloríns… probade a intentar adiviñar cos vosos fillos a quen pertencen as mans da foto…
mañá veremos se acertades mentres rimos co último mandato. Se coñecedes aos cativos da escola de Ribadumia, visitade o seu blogue, ou picade aquí, e intentade tamén descubrir a quen pertence cada bigote.
No hay comentarios:
Publicar un comentario