sábado, 4 de febrero de 2012

¿FILLOAS OU CRÊPES?...

No noso obradoiro de cociña tamén queremos empezar a probar as comidas dos países que Félix está visitando. Para comezar, nada mellor que algo tan parecido ás nosas filloas como os “crêpes” franceses. No transcurso da semana vimos os ingredientes que necesitabamos, os utensilios e a receita. Cando chegou o momento de cociñar, o máis complicado foi cascar os ovos, algúns dámoslle o golpe tan a modiño que non rompe, outros esquecemos que temos dúas mans e cunha soa é complicado, hai quen cando consigue quebralo en lugar de separar a casca limitase a meter o dediño, outros senten tanto noxo cando a clara pinga pola súa pel que tiran con todo… En resumo, ¡que difícil é casar un ovo cando soamente temos 3 anos! E por riba, ¡temos que intentar que caia dentro da fonte e sen a casca!… todo un reto á nosa coordinación e á paciencia da mestra…máis sinxelo foi botar o azucre, aínda que sempre hai algún sobre que non se da aberto, engadir a fariña e mesturar.

No hay comentarios:

Publicar un comentario