lunes, 13 de febrero de 2012

2º MANDATO: CON BIGOTE

As ordes do Meco comezan a acatarse. Gorros, lazos, orellas, cornos, pañoletas… luciron nas cabezas dos cativos e mestres. Poñemos, quitamos, intercambiamos, probamos… pero sobre todo rimos.
Lembrade que mañá  temos que engadirlle un bigote. Pequeno, grande, de cores, postizo, pintado, con barba… todo vale, canto máis rechamante máis divertido. Mamás, papás, familias... ¿animádevos a participar?.

4 comentarios:

  1. Martiño di que tose moito e que ten ganas de ir a escola, pero non pode ser ata o xoves, se todo segue ben, preguntame que ten le levar o xoves.Un bico para todos,que sepades que chorou o ver as fotos dos seus amigos. FIRMADO POR. MARTIÑO.

    ResponderEliminar
  2. HOLA SON LIA TEMOS UNHA CITA PENDIENTE PARA LER NU CONTO, SAQUEI MOI BOAS NOTAS A PRIMEIRA EVALUACION, UN BICO LIA.

    ResponderEliminar
  3. HASTA MAÑAN QUE E MOI TARDE, AINDA DE MARTIÑO FAI UNHA HORA E MEDIA DE SE LEBANTOU DA SUA SIESTA, ESTA FIEBRE E ESTOS MOCOS SON TERRIBLES, ABRIGADEBOS E NON ANDAR DESCALZOS.

    ResponderEliminar
  4. Martiño tes que coidarte moito e facerlle caso a mamá para poñerte ben e poder vir o venres á festa. Se o xoves xa estás ben, o Meco manda vir con algo na cabeza, bigote, as uñas pintadas e un zapato de cada clase. Nós tamén te botamos de menos. Un bico deses que axudan a curar.
    Lía estamos moi orgullosos das túas boas notas. Un luns á tarde falamos de cando podes vir a ler un conto aos pequenos. Un bico de nata e unha aperta moi, moi forte.

    ResponderEliminar