Á volta do recreo toca á “hora de ler”. Para este momento temos unha bolsiña especial, con libros que cambiamos semanalmente na biblioteca. Cada día, o encargado de clase elixe cal prefire para ese tempo dedicado á lectura. É un momento case máxico, por moi alterados que entremos do patio, sempre acabamos caladiños e atentos, ninguén quere perderse o desenlace do conto. Na imaxe de fai unhas semanas, a profe Ana estanos a contar un que a ela encántalle e a nós tamén dende que nolo leu: “Chibos chibóns”. Se queredes coñecer a versión en castelán, aquí tedes o seguinte video
No hay comentarios:
Publicar un comentario