Pouco a pouco imos familiarizán-donos coas sección do periódico. Ultimamente estámonos centrando nos deportes. A maioría de nós xa aprendemos a localizar as fotos sen maior dificultade, agora ven o difícil, saber de que deporte se trata. O fútbol distinguímolo con facilidade pero, co resto, aínda nos queda moito por traballar. Por agora andamos a recortar as fotos que atopamos nos xornais atrasados para ir identificándoos e clasificándoos coa axuda do profe Rafa. Se queredes saber porque temos nas fotos a cariña pintada de ratiños, visitade o blogue de música do cole ou picade directamente aquí, veredes que ben o pasamos na clase anterior.
No hay comentarios:
Publicar un comentario