sábado, 5 de noviembre de 2011

UNHA CADEIRA MOI ESPECIAL

Vai frío e agora costa arrancar polas mañás… quitar o abrigo, poñer o mandilón, colgar a mochila… demasiadas cousas cando temos catro anos e acabamos de chegar á escola… non hai nada como descansar primeiro un pouquiño … e que mellor sitio que a cabaza da mamá de Martiño...


Aínda que tamén hainos que chegan con moita sede informativa e, mentres outros aínda andan a voltas coa bata, eles xa quedaron impresionados coas noticias do xornal e buscan con quen compartir as novas… o problema ven despois, cando todos queren saber máis e o periódico acaba desfeito pola colchoneta. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario