Mencía está de convalecencia, operárona de vexetacións e ten que seguir unha dieta branda durante un par de semanas. Durante unha tempada o noso obradoiro de cociña será a base de triturados porque pronto intervirán tamén a Rubén, así que se aceptan suxestións. Como non sabíamos que cociñar optamos por facer batido de chocolate con iogur e xeado deste sabor. Non nos saíu moi rico pero o xeado de vainilla que nos sobrou estaba boísimo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario